ANPA A Barxa

Asociación de Nais e Pais do CEIP GARCÍA BARBÓN

Dámosche a benvida a web da ANPA do CEIP García Barbón de Vigo.

Somos unha entidade sen ánimo de lucro formada por familias do colexio que traballan conxuntamente para mellorar a educación, o benestar e a convivencia no noso centro. Xestionamos servizos esenciais como o comedor, a aula matinal e as actividades extraescolares, e promovemos proxectos propios en torno á igualdade, a natureza e a dinamización da lingua galega.

Se tes fillas ou fillos no cole, únete á ANPA e forma parte activa da comunidade educativa.

Forma parte da ANPA

As familias socias desfrutan de prezos reducidos no comedor, acceso ás actividades extraescolares e participación en todos os proxectos do centro.